senescal
senescal
(< xermánico antigo siniskalk‘criado antigo’)
-
s
m
[HIST]
Grande oficial do palacio dun soberano. De orixe franca, durante o período merovinxio foi o cargo inmediatamente inferior ao mordomo e tiña ao seu cargo o persoal do palacio. Baixo os carolinxios estaba encargado de organizar as viaxes do soberano e cos Capetos converteuse no primeiro funcionario real. O cargo desapareceu en 1191 coa morte do conde Teobaldo V de Blois, derradeiro senescal de Francia, e foi substituído polo de condestable.
-
s
m
[HIST]
Cargo creado por Simón de Montfort, en nome do rei de Francia, en Occitania con atribucións para administrar xustiza, presidir os tribunais de senescalía e mandar os nobres en caso de guerra.