tenreiro -ra
tenreiro -ra
(< tenro)
-
s
[ANIMAL]
Cría da vaca desde que deixa de mamar ata que cumpre dous anos. A súa alimentación baséase no leite materno, que pode suplirse con produtos naturais, como millo, patacas, nabos e forraxes, pero nunca se deben utilizar derivados de animais nin produtos para aumentar o crecemento deste. Sacrifícanse, normalmente, con menos de 10 meses de idade, nunhas instalación en que estean separadas as reses de Ternera Gallega do resto de animais que van ser sacrificados.
-
leite tenreiro
Primeiro leite que dá a vaca que acaba de parir.
-
tenreiro mamote
Tenreiro que aínda está mamando.
-
tenreiro pastenco
Tenreiro que se alimenta de pasto.