tiento*

tiento*
s m [MÚS]

Peza contrapuntística vinculada co preludio e o ricercare, destinada a instrumentos de tecla, viola de man ou arpa, que tivo unha gran difusión na Península Ibérica entre os ss XVI e o XVIII. A miúdo constitúe unha serie de fugas breves sobre diferentes temas. Os principais autores que o cultivaron foron A. de Cabezón e J. B. Cabanillas.