Toro, Leis de

Toro, Leis de

Conxunto de disposicións aprobadas polas Cortes de Toro en 1505 a raíz da morte de Isabel I de Castela, que tiveron como finalidade primordial dar cumprimento ao testamento da raíña. Os representantes das cidades castelás, reunidos en Toro por instigación de Fernando II de Aragón o Católico, proclamaron reis de Castela a Xoana a Tola e ao seu marido Filipe o Fermoso e, en ausencia destes, recoñeceron a Fernando como rexente e administrador dos reinos.