Toro, Pacto de
Toro, Pacto de
Tratado de paz asinado en Toro o 26 de agosto de 1218 entre Afonso IX de León, a súa muller Berenguela e o seu fillo Fernando III o Santo. Co recoñecemento de Fernando como rei de Castela, púxose fin a unha guerra entre casteláns e leoneses pola sucesión de Enrique III, que deixou a coroa á súa irmá Berenguela I de Castela, quen abdicou no seu fillo.