Toro, Batalla de
Toro, Batalla de
Enfrontamento bélico entre as forzas de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, dunha banda, e a coalición integrada por Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza castelá, da outra, que tivo lugar o 1 de marzo de 1476. Episodio da loita sucesoria entre Isabel I e Xoana a Beltranexa, o rei portugués, axudado por Luís XI de Francia, tomou partido por Xoana e invadiu Castela. Asediados os portugueses e os partidarios de Xoana na vila de Toro, tivo lugar a batalla en Campo Peláez, que concluíu de maneira favorable para o bando isabelino.