Tula

Tula

Antiga cidade tolteca de México, no estado de Hidalgo, uns 50 km ao NO da capital do estado. A súa fundación data, probablemente, do s IX, cando Ce Acalt Topiltzin (947-999) a dedicou a Quetzalcoatl e construíu moitos edificios, como o templo da Estrela da Mañá. Como Chichén Itzá, está decorada con frisos de xaguares, serpes e aguias devorando corpos humanos, esculturas antropomórficas e columnas que representan serpes de cascabel.