útero
(< lat utĕru)
-
-
s
m
[ANAT]
Órgano do aparato reprodutor feminino dos mamíferos encargado de manter o embrión en condicións adecuadas durante o seu desenvolvemento, asegurarlle a nutrición e a provisión de osíxeno e eliminarlle os catabolitos respiratorios. É unha estrutura de paredes grosas, cun epitelio moi vascularizado, que forma, ao xuntarse coas membranas externas do embrión, a placenta, a través da cal a nai intercambia substancias co feto. Na muller é o órgano da xeración, destinado a recibir o óvulo fecundado, a conservar e nutrir o produto da concepción e a expelelo cando chega o momento. Na muller adulta non xestante ten forma de pera aplanada, duns 7 a 8 cm de longo. Está situado na pelve, entre o recto e a vexiga, recuberto polo peritoneo pelviano. Consta de tres capas: a serosa ou externa; a muscular ou media, composta de tres capas de musculatura lisa e que se hipertrofia durante a xestación; e a interna ou endometrio, que experimenta cambios cíclicos mensuais.
Sinónimos: matriz, seo. -
útero bicórneo
[PAT]
Malformación caracterizada polo desdobramento do útero na súa metade superior.
-
útero didelfo
[PAT]
Malformación caracterizada pola existencia de dous úteros e dúas vaxinas independentes.
-
útero grávido
[FISIOL]
Útero que contén un embrión ou un feto.
-
s
m
[ANAT]
-
s
m
[ZOOL]
Órgano do aparato reprodutor feminino dos réptiles e das aves, encargado da retención e do mantemento dos ovos e, nos réptiles vivíparos, de efectuar intercambios, a través das súas paredes, entre a nai e o embrión.