Valletta, La

Valletta, La

Capital do estado de Malta (7.212 h [2001]). É o principal centro e porto da illa, que se ergue ao NO sobre un promontorio rochoso, que se sitúa entre os golfos de Grand Harbour, ao L, e Marsamucetto, ao O. Na súa economía destacan o turismo e o comercio. Fundouna en 1566 Jean Parisot de la Valette, gran mestre da orde de Malta, de quen tomou o nome, e converteuse en capital da illa en 1570. Base naval e militar, foi explotada polos británicos a partir de 1814 e pola OTAN ata 1979.