visita

visita

(< visitar)

    1. s f

      Acción de ir visitar algunha persoa.

    2. dereito de visita [DER]

      Facultade que o xuíz lle dá ao cónxuxe separado para visitar os seus fillos menores en días e horas fixados e, tamén, para estar con eles fóra do domicilio do cónxuxe que ten a  custodia.

    3. hora de visita

      Tempo que un profesional destina a recibir visitas.

  1. s f

    Persoa ou conxunto de persoas que vai á casa doutra a visitala.

    1. s f [HIST]

      Inspección da xestión dos funcionarios públicos en Castela, que facían uns xuíces especiais nomeados polo rei (visitadores). Os Reis Católicos regulamentárona en 1480 como un instrumento da súa política centralizadora.

    2. dereito de visita [DER]

      Facultade que teñen os estados belixerantes de deter e inspeccionar, mentres duran as hostilidades, os barcos mercantes dos países neutrais para comprobar a súa nacionalidade e asegurarse se portan contrabando de guerra ou non.

    3. visita de inspección [DER]

      Obriga anual que ten o fiscal do tribunal supremo, persoalmente ou por medio do inspector fiscal, de visitar a quinta parte das fiscalías da audiencia. Extrordinariamente, pode facer sempre visitas de inspección a calquera fiscalía, e os fiscais das audiencias provinciais aos xulgados de paz.

    4. visita de prisións [DER]

      isita de inspección ás prisións, que teñen que facer periodicamente diversos funcionarios xudiciais, como os xuíces de vixilancia penitenciaria e os de instrución, ou os fiscais.

    5. visita domiciliaria [DER]

      Inspección nun domicilio ordenada por un xuíz ou tribunal para buscar un delincuente ou probas dalgún delito.

    6. s f

      Acción de ir ver un lugar ou unha cousa para informarse do seu estado, inspeccionalo, coñecelo ou calquera outra cousa.

    7. [RELIX]

      Forma de exercicio da xurisdición dun superior eclesiástico ou relixioso, co fin de inspeccionar o bo funcionamento dunha comunidade diocesana, parroquial ou relixiosa, corrixir os seus defectos ou impartir directrices pastorais.

Frases feitas

  • Visita de médico. Visita moi breve.

Refráns

  • Á casa da túa tía non debes ir cada día.
  • Á casa de teu irmán non vaias cada serán.
  • Á casa do rico vai obrigado e a do pobre vai sen ser chamado.
  • Á casa do teu amigo non vaias sen aviso, e á do necesitado vai sen ser chamado.
  • Á casa do teu irmán non vaias cada serán.
  • A onde ben te queren, irás poucas veces.
  • A onde te queren moito, coida de ir pouco.
  • Cando fores á casa de fóra, chama dende a porta.
  • O que á miña casa non vén, da súa me bota.
  • Onde ben te queren irás poucas veces; e onde mal, nunca irás.
  • Quen te visita na voda e non na enfermidade, non é amigo de verdade.