Visitación, orde da

Visitación, orde da

Institución relixiosa feminina fundada en Annecy en 1610 por san Francisco de Sales e J. F. Frémyot de Chantal. Tiña unha finalidade contemplativa e asistencial, visitar os pobres e enfermos para socorrelos espiritual e corporalmente, pero o arcebispo de Lyon Marguement opúxose a esta innovación e impuxo unha volta á estrita vida contemplativa, con clausura e votos solemnes. Urbano VIII aprobou a congregación, constituída oficialmente en 1618, en 1626.

Palabras veciñas

visita | visitación | Visitación | Visitación, orde da | visitador -ra | visitante | visitar