Visitación
Visitación
[ONOM]
Antropónimo feminino que provén do latín visitationem ‘visita’. Como festa relixiosa naceu no s XIII, difundida polos franciscanos, e conmemora a visita da Virxe María á súa curmá santa Isabel. A súa festividade celébrase o 31 de maio.