fiducia
fiducia
(< lat fiducĭa‘confianza’)
-
s
f
[DER]
Pacto polo que, no dereito romano, se recibía unha cousa moble, inmoble, semovente ou un escravo, coa obriga de cedela de novo a un terceiro ou ben cumprir outra obriga similar. Tiña o carácter de obriga accesoria a outro contrato e servía para dar unha garantía real. Usouse ata o final do período clásico do dereito romano.
-
[DER]
-
s
f
Pacto polo que unha persoa lle concede a outra (fiduciario) a titularidade dun ben ou dun dereito cunha finalidade determinada que só as partes coñecen.
-
fiducia ‘cum amico’
Fiducia na que o fiduciario é simplemente un testaferro.
-
fiducia ‘cum creditore’
Fiducia constituída cunha finalidade de garantía.
-
s
f