fiduciario -ria

fiduciario -ria

(< lat fiduciarĭu)

  1. adx e s [DER]

    Herdeiro ou legatario que debe conservar e transmitirlle ao fideicomisario os bens recibidos en fideicomiso.

  2. adx e s [DER]

    Aplícase ao país encargado dun fideicomiso ou tutela.

  3. valor fiduciario [ECON]

    Título en circulación que non ten ningún valor en si mesmo; a súa aceptación depende da confianza que se teña no suxeito emisor. Neste sentido fálase de moeda fiduciaria para referirse ao papel moeda, e de circulación fiduciaria para referirse á totalidade de papel moeda en circulación.

Palabras veciñas

Fidón | fiducia | fiducial | fiduciario -ria | Fiedler, Konrad | Fiedler, Leslie Aaron | Fieger, Erwin