Formosa
Formosa
Provincia do N de Arxentina. Limita ao N con Paraguay, ao S co río Bermejo, ao O coa provincia Salta e ao L co río Paraguay. Forma parte da rexión do Gran Chaco (72.066 km2; 492.513 h [1999]). A súa capital é Formosa. Trátase dunha chaira aluvial inclinada cara ao L. O seu clima é tropical e a súa vexetación é a sabana con bosques de cedros. A poboación concentrouse nas marxes do río Paraguay desde que se poboou no s XIX. A súa economía baséase no cultivo de algodón, na explotación forestal e na gandería.