fosxenita

fosxenita

(< fosxeno + 2 -ita)

s f [MINERAL]

Clorocarbonato de chumbo, de fórmula Pb2(CO)3Cl2. Cristaliza no sistema tetragonal. Os seus cristais poden ser prismáticos, tabulares e piramidais, a miúdo de moitas caras. É de cor branca, gris ou amarela. Ten unha dureza de 2-3 e un peso específico de 6,133.

Palabras veciñas

Fosse, Bob | Foster, Jodie | Foster, Norman | fosxenita | fósxeno | fot | fótico -ca