fósxeno

fósxeno

(< gr ϕῶς ‘luz’ + -xeno)

Nome científico: [dicloruro do ácidocarbónico: COCl<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Gas incoloro de olor sufocante, altamente tóxico, irritante das vías respiratorias que se obtén por reacción do cloro con monóxido de carbono en presenza dun catalizador. Clasifícase no grupo dos gases asfixiantes. Empregouse moito durante a Primeira Guerra Mundial como arma química en forma de nubes ou de granadas explosivas. Emprégase tamén na obtención de colorantes e na fabricación de plásticos e de medicamentos.

Palabras veciñas

Foster, Jodie | Foster, Norman | fosxenita | fósxeno | fot | fótico -ca | fotinga