fótico -ca
fótico -ca
(< foto- + -ico)
-
adx
Relativo ou pertencente á luz.
-
adx
[BIOL]
Aplícase aos seres vivos que emiten luz.
-
zona fótica
[ECOL]
Zona superior dun sistema acuático, como os mares ou os lagos, ata onde penetra a luz do sol suficiente para permitir a fotosíntese. O límite varía en función do lugar e das calidades da auga, aínda que adoita estar ao redor dos 200 m de profundidade. Está formada por dúas zonas, unha superior, chamada zona eufótica, e outra inferior, chamada zona disfótica.