xeta

xeta

(< lat Geta)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo xeta.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo xeta.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo tracio de pastores nómades que, na Antigüidade, habitaban na zona do baixo Danubio. Foron sometidos por Darío I de Persia (513 a C), Alexandre o Grande, Lisímaco e os romanos, e no s IV a C uníronse aos dacios. Desapareceron a finais do s I a C.