bacharel

bacharel

(< fr bachelier)

  1. s [HIST/EDUC]

    Segundo o regulamento universitario medieval, vixente, con variacións, ata o s XIX, persoa que posuía o primeiro grao académico das diferentes facultades, acadado mediante exame de coñecementos. O grao de bacharel en artes era inferior ao de mestre, pero facultaba para ensinar como auxiliar ou substituto. O mestre en artes que quería seguir estudios superiores tiña que acadar o grao de bacharel en Teoloxía, indispensable para os graos superiores de licenciado e de doutor en Teoloxía, ou ben o de bacharel en Leis ou Cánons ou de bacharel en Medicina, previos aos de doutor nas respectivas facultades. Só as universidades ou estudios xerais poden conferir graos.

  2. s [EDUC]
    1. Persoa que recibiu o primeiro grao académico outorgado nas facultades eclesiásticas de Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico.

    2. Persoa que recibiu o grao concedido ao rematar o bacharelato.