1 baga

1 baga

(

  1. s f [BOT]

    Froito carnoso, indehiscente, monocarpelar ou pluricarpelar, de epicarpo delgado e membranoso, e mesocarpo e endocarpo carnosos. As sementes pódense atopar inmersas directamente dentro da polpa homoxénea (bagas propiamente ditas) ou ben estar ordenadas en diversas cavidades (pseudobagas). Son bagas a uva, o tomate e o pemento.

  2. s f

    aíña ou casulo no que se desenvolven as sementes dalgunhas plantas, coma as fabáceas ou o liño.

    Ex: As bagas das ervellas aínda non están secas.

    Sinónimos: vaxa.
  3. s f

    Restos dalgúns froitos coma a uva despois de espremelos e pisalos.

    Ex: Foi levar a baga ó augardenteiro.

    Sinónimos: bullo, bagaña, bagaño, bagazo, bagullo.

Palabras veciñas

bafordado -da | bafordar | bafordo | 1 baga | 2 baga | Bagà | bagaceiro -ra