Balaam

Balaam
[RELIX]

Personaxe bíblico que, segundo o libro dos Números, enviou Balac, Rei de Moab, para maldicir os israelitas que chegaran a Palestina logo do Éxodo e que, ao final, acabou bendicíndoos. No mesmo libro inclúese a tradición segundo a que a súa burra falou cando o anxo de Iavé lle saíu ao paso.