Kiesler, Hedwig Eva María
Kiesler, Hedwig Eva María
(Viena 1913 - Altamonte Springs, Florida 2000) Actriz e inventora. Coñecida como Hedy Lamarr, traballou en películas como Ecstasy (1932) e Sanson and Dalila (1949). En 1942 desenvolveu e patentou, xunto co pianista George Antheil, un sistema de comunicación secreta, orixe da tecnoloxía de salto de frecuencia ou tamén denominada expansión de espectro, moi empregada en sistemas de transmisión de radio.