Klinger, Max

Klinger, Max

(Leipzig 18.2.1857 - Grossjena, Halle an der Saale 4.7.1920) Pintor, gravador e escultor alemán. Simbolista, a súa obra ten validez para a defensa da beleza intrínseca do nu (Xuízo de Paris, 1884-1887), a plasmación da música (Fantasía sobre Brahms) e o intento de unir mitoloxía e misticismo (Cristo no Olimpo, 1897).