Alén
Alén
Río que nace da confluencia de varios regueiros no pozo de Ameáns e conflúe co río Tea na súa marxe dereita. O curso deste río, que discorre en dirección N - S por unha fractura do terreo formando un val pechado, é o lindeiro entre os concellos do Covelo e de Mondariz.