arriba
arriba
(< lat ad ripă ‘paralugar superior’)
-
adv
Designa un lugar que se sitúa máis alto que o punto de referencia.
Ex: O meu piso está por arriba do teu.
Sinónimos: enriba, enriba. Antónimos: abaixo, embaixo. -
adv
En dirección á parte superior dende a inferior, dun lugar a outro máis alto.
Ex: Subía escaleiras arriba.
Antónimos: abaixo. -
adv
Nun lugar anterior dun texto escrito.
Ex: Ese estribillo do poema xa o empregara máis arriba.
Antónimos: abaixo.
Frases feitas
-
Arriba e abaixo loc adv Alternativamente, nunha dirección e na oposta, incluso nun plano horizontal. Ex: Paseaba arriba e abaixo a alameda toda a tarde.
-
De/en/para arriba loc adv Un pouco máis de, pasando de, máis aló de. Ex: Este libro debe valer de mil pesetas para arriba.
-
Por arriba loc adv Indica vagamente un lugar máis elevado. Ex: Viven por alá arriba, cerca do mercado de Teis.