arriba

arriba

(

  1. Periódico de Madrid, aparecido en 1935 como voceiro da Falange Española e dirixido por José Antonio Primo de Rivera. Nesta primeira etapa, suspendida en 1936, tiña frecuencia semanal. Reapareceu en 1939 como diario da Cadena de Prensa del Movimiento. No ano 1977 pasou a Medios de Comunicación del Estado e en 1979 deixou de publicarse.

  2. adv

    Designa un lugar que se sitúa máis alto que o punto de referencia.

    Ex: O meu piso está por arriba do teu.

    Sinónimos: enriba, enriba. Antónimos: abaixo, embaixo.
  3. adv

    En dirección á parte superior dende a inferior, dun lugar a outro máis alto.

    Ex: Subía escaleiras arriba.

    Antónimos: abaixo.
  4. adv

    Nun lugar anterior dun texto escrito.

    Ex: Ese estribillo do poema xa o empregara máis arriba.

    Antónimos: abaixo.

Frases feitas

  • Arriba e abaixo loc adv Alternativamente, nunha dirección e na oposta, incluso nun plano horizontal. Ex: Paseaba arriba e abaixo a alameda toda a tarde.

  • De/en/para arriba loc adv Un pouco máis de, pasando de, máis aló de. Ex: Este libro debe valer de mil pesetas para arriba.

  • Por arriba loc adv Indica vagamente un lugar máis elevado. Ex: Viven por alá arriba, cerca do mercado de Teis.