abaixo

abaixo

(

  1. adv l

    Nunha dirección de arriba a abaixo, dende un lugar máis alto cara a outro máis baixo.

    Ex: A túa botica está tres rúas máis abaixo ca a miña.

    Antónimos: arriba, arriba.
  2. adv l

    Nunha parte ou lugar inferior visto dende a perspectiva do falante ou tendo como referencia outro punto máis alto.

    Ex: As caldeiras están na parte de abaixo.

    Sinónimos: embaixo. Antónimos: arriba, enriba, arriba, enriba. Confrontacións: debaixo.
  3. adv l

    Nun escrito, nun lugar posterior.

    Ex: A cláusula do contrato está máis para abaixo.

    Antónimos: arriba, arriba.

Frases feitas

  • Abaixo! interx Expresión utilizada para indicar que queremos que algo ou alguén desapareza porque non nos agrada.

  • Abaixo de loc prep Debaixo de, baixo.

  • Aire de abaixo. Vento do sur.

  • Botar abaixo. Botar algo a perder ou derrubar.