busca

busca

(< buscar)

  1. s f

    Acción e efecto de buscar.

    Ex: Anda en busca de traballo dende que se licenciou. 

  2. s f

    Investigación coidadosa que se realiza nun traballo policial ou científico.

    Ex: Anda á/na busca dalgunha proba para determinar quén foi o causante do asasinato. A busca dos científicos aínda non tivo os seus froitos. 

  3. [CAZA]
    1. s f

      Conxunto de persoas que percorren o monte cos seus cans, antes ca os cazadores, para que saian as presas da caza.

      Ex: Levaban unha busca moi boa e trouxeron moita caza. 

    2. can de busca

      Can de caza.

  4. [INFORM]

    Método para localizar un elemento particular desde unha lista de elementos que se atopan en orde alfabética ou numérica. Supoñendo que se necesite encontrar a posición dunha palabra particular nunha lista de palabras ordenadas alfabeticamente, execútase unha busca binaria localizando primeiro a palabra que se atope exactamente no centro da lista. Se a palabra que se busca está antes ca a palabra central, sábese que está na primeira metade da lista. En caso contrario, estará na segunda metade. Unha vez que se determine en qué metade da lista se debe buscar, úsase o mesmo método para determinar en qué cuarta parte se debe buscar, despois en qué oitava parte e así sucesivamente.

  5. [INFORM]

    Unión de consultas máis sinxelas con operadores denominados booleanos, entre outros and, or e not en inglés. Con estas palabras indícaselle a un buscador que encontre documentos que inclúan dúas ou máis palabras das que se lle indican (and), que busque os que conteñen unha palabra ou outra (or) e que non conteñan unha ou máis palabras indicadas (not).

Frases feitas

  • En busca de loc prep Procurando atopar algo. Ex:Vai marchar da casa en busca de aventuras.

Formas incorrectas

búsqueda

Palabras veciñas

Bury, Pol | bus | busca | busca | buscabullas | buscado -da | buscador -ra