buscador -ra

buscador -ra

(< buscar)

  1. adx e s

    Que ou quen busca.

    Ex: É un bo buscador, sempre atopa datos novos para o traballo de investigación que está realizando. Os contos están cheos de buscadores de tesouros.

  2. s m [ASTRON]

    Tubo cun xogo de lentes, de pequenas dimensións e de campo visual moi grande, que se fixa a un telescopio e que ten por función localizar con máis facilidade os astros que se queren observar.

  3. adx e s m [INFORM]

    Programa que permite atopar direccións ou determinados contidos na Internet.

Palabras veciñas

busca | buscabullas | buscado -da | buscador -ra | Buscalque | buscalume | buscantar