bus

bus

(< aférese de autobús

  1. s m [TRANSP]

    autobús.

  2. [INFORM]
    1. bus EISA

      Dispositivo construído conforme ao estándar EISA (Extended Industry Standard Architecture ‘Arquitectura Estándar Industrial Estendida’). Con anchura de 32 bits, a súa escasa velocidade (20 MHz) e o custo motivaron que fose pouco empregado.

    2. bus ISA

      Dispositivo de 16 bits deseñado de acordo coas especificacións ISA (Industry Standard Architecture, ‘Arquitectura Estándar Industrial’) para que se puidese ampliar memoria RAM nos ordenadores con procesador Intel 286 e 386.

    3. bus local

      Bus independente nun ordenador deseñado para proporcionar un intercambio de datos moi rápido entre memoria e microprocesador; tamén se pode empregar para intercambios con dispositivos específicos, como tarxetas de vídeo.

    4. bus MCA

      Dispositivo de 32 bits construído baixo o estándar MCA (Micro Channel Architecture ‘Arquitectura de Microcanle’) que permite a transferencia directa de información entre periféricos, sen sobrecargar o microprocesador.

    5. bus PCI

      Dispositivo fabricado de acordo co estándar PCI (Peripheral Components Interconnect ‘Interconector de Compoñentes Periféricos’). Con anchura de 64 bits e capaz de funcionar a 32 bits para asegurar a compatibilidade cos procesadores 486, a súa velocidade é de 66 MHz e mesmo algúns modelos traballan cunha superior a esta. Permite ser controlado polos periféricos e a configuración automática de tarxetas de ampliación.

    6. bus PCMCIA

      Bus desenvolvido fundamentalmente para os ordenadores portátiles, con anchura de 16 bits e velocidade inferior aos 33 MHz. Limita o espazo de memoria a 64 MB, pero permite conectar e desconectar tarxetas de ampliación sen cortar a alimentación do ordenador.

    7. bus unidireccional

      Bus capaz de transmitir datos soamente nunha dirección.

    8. bus USB

      Bus creado de acordo co estándar USB (Universal Serial Bus ‘Bus Universal de Serie’), permite conectar e desconectar periféricos de diferentes tipos sen ter que apagar ou reiniciar un ordenador e facer esta conexión en portos compatibles para distintos dispositivos. Así mesmo, a súa segunda versión facilita o intercambio de datos a grandes velocidades.

    9. bus VESA

      Bus fabricado conforme ao estándar VESA (Video Electronics Standard Association ‘Asociación para o Estándar de Electrónica de Vídeo’), permite instalar unha tarxeta de visualización no bus local, o que axiliza as tarefas que conducen a amosar datos nunha pantalla.

    10. s m

      Conxunto de dispositivos de conexión utilizados polos distintos compoñentes dun ordenador para intercambiar datos e información. O seu funcionamento depende da súa capacidade e dos elementos que unan. Esencialmente, un bus consta dun conxunto de condutores ou liñas paralelas para a transmisión de sinais, ao que están conectados a unidade central de procesamento de datos (CPU), a memoria e todos os dispositivos de entrada e saída de datos.

    11. bus bidireccional

      Bus capaz de transmitir datos en dúas direccións.

Palabras veciñas

burxita | Bury | Bury, Pol | bus | busca | busca | buscabullas