2 calada

2 calada

(< 2 calar)

  1. s f [PESCA]

    Xornada de traballo no mar.

    Ex: Foi a última calada do pesqueiro que se vai despezar. 

    Confrontacións: marea.
  2. s f [PESCA]

    Cantidade de peixe capturado por un barco nunha marea.

    Ex: Toda a calada do sábado mercouna o concello para a festa do domingo. 

  3. s f [PESCA]

    Operación que consiste en calar un aparello no mar.

    Ex: Localizaron o banco de sardiña e realizaron a calada. 

  4. s f

    Acción e efecto de somerxer a alguén na auga.

    Ex: Dunha calada chegou ata o fondo da piscina. 

  5. s f

    Absorción do fume dun cigarro ou dunha pipa.

    Ex: Dáme unha calada antes de apagar o cigarro.

    Sinónimos: chupada.

Palabras veciñas

calacueira | 1 calada | 1 calada | 2 calada | 3 calado | 1 calado -da | 2 calado -da