2 calado -da
(< 2 calar)
-
p reg
de calar.
-
adx
Que ten aberturas, de xeito semellante a un labor de encaixe.
Ex: Con esa chaqueta calada vas pasar frío.
-
s
m
-
[TÉXT]
Labor que se efectúa nos tecidos imitando o encaixe. Realízase sacándolle fíos á tea e formando ocos que son bordados polas beiras, ou dándolle repetidas puntadas coa máquina de coser para talar os fíos e deixar ocos.
-
[DEC]
Motivo ornamental que se fai na madeira, metal, papel ou pedra, perforándoos de lado a lado para formar un debuxo.
-
[MÚS]
Cada un dos debuxos simétricos que se perforan na tapa dos instrumentos cordófonos, en forma de f na familia dos violíns, e en forma de c no das violas.
-
[TÉXT]
-
s
m
[MAR]
Medida da parte somerxida dunha embarcación que aparece indicada na proa, na popa e ás veces no punto medio, por unha escala en decímetros ou pés e anotada con números romanos.
-
s
m
Distancia entre a superficie e o fondo dunha masa de auga.
-
s
m
[ORNIT]
Descenso brusco no voo dunha ave.
-
s
m
-
[AERON]
Ángulo de inserción das ás ou da cola dunha aeronave co eixe de fuselaxe.
-
[ENX]
Ángulo que forma a pa co eixe da hélice da que forma parte.
-
[AERON]
-
s
m
[TECNOL]
Operación de encaixe de dúas pezas nas que a femia é de medidas lixeiramente máis pequenas ca a peza macho (interferencia). Pódese realizar en frío, provocando a deformación de ambas as dúas pezas pola forza mecánica exercida (encaixe en prensa), ou en quente, dando calor á peza femia para que ao dilatarse permita encaixar a peza macho sen dificultades (encaixe en quente).