diario -ria
(< lat diarĭu)
-
adx
-
Que corresponde a cada día.
Ex: Danme unha paga diaria de 6 euros.
-
Que se realiza todos os días.
Ex: Non coñezo ningunha publicación diaria.
-
-
s
m
Periódico que se publica cada día.
Ex: O meu pai le o diario todos os días antes de comer.
Sinónimos: xornal. -
s
m
Conxunto de gastos que se fan nunha casa cada día.
Ex: A miña irmá di que non lle chegan 12 euros para o diario.
-
s
m
[LIT]
Texto autobiográfico no que se realiza unha constatación minuciosa de feitos de cada día, pensamentos ou estados de ánimo. Existen dous modelos fundamentais, o diario íntimo, baseado na introspección e no descubrimento da propia personalidade, e o diario que recolle acontecementos externos (vida política, social e cultural do momento, experiencias dunha viaxe ou dunha vivencia profesional). É frecuente que nun mesmo texto convivan ambas as dúas modalidades. As súas orixes están nas crónicas familiares e nas tenedurías de libros do gremio dos comerciantes que proliferaron no Renacemento. As primeiras publicacións de diarios íntimos apareceron no s XIX, motivadas polo interese do acontecer diario e polo intimismo que potenciou o romanticismo; posteriormente, a súa difusión foi maior debido ao auxe da historia social e da psicoloxía. Caracterízase por estar escrito en primeira persoa; pola subxectividade do discurso; polo uso preferente do presente e pretérito perfecto; por unha lingua coloquial, que amosa a miúdo elisións e períodos breves; pola tendencia ao apuntamento rápido das vivencias diarias; e pola abundancia de datos (cronolóxicos, xeográficos, etc). Entre os diarios publicados destacan: Diario de Ana Frank, escrito entre 1942 e 1944; Itinéraire de Paris à Jérusalem (Itinerario de París a Xerusalén, 1811), de René de Chateaubriand, Journal d’un curé de campagne (Diario dun crego rural, 1936), de George Bernanos, e Bridget Jone’s Diary, (Diario de Bridget Jones, 1996); ou os diarios íntimos dos irmáns Goncourt, Ramón Gómez de la Serna ou André Gide.
-
s
m
Libro de contabilidade obrigatorio onde se rexistran todas as operacións comerciais, activas e pasivas, realizadas diariamente e por orde cronolóxica.
-
[EDUC]
Rexistro no que se reflicten todas as actividades escolares realizadas na clase (as materias ensinadas, exercicios que se fan, dificultades didácticas e outras incidencias escolares), que pode ser redactado polo mestre ou polos alumnos.
-
Libro no que os maquinistas que están a bordo de buques rexistran datos relacionados co funcionamento das máquinas e co consumo de combustible e lubricante.
-
[MAR]
Libro que levan a bordo os oficiais da mariña para copiar todas as anotacións que se fan no caderno de bitácora.
-
[BÉL]
Relación detallada e diaria de todo o que lle aconteceu a unha unidade armada nunha campaña, nunhas manobras ou noutra comisión de servicios.
-
[COMUN]
Xénero radiofónico que consiste en transmitir información oralmente. Nun primeiro momento, o diario falado era unha prolongación do impreso, pero a partir de 1930 xa se crearon redaccións radiofónicas encargadas de elaborar diarios falados. As súas características formais son comúns en todas as programacións do mundo: sintonía recordatorio, sinais horarios, noticiario nacional e internacional, parte meteorolóxico e noticiario deportivo. En España, a Unión Radio adoptou este xénero en 1925.
-
adv
Continuamente.
Ex: O teu pai está diario berrándoche.
Frases feitas
-
A diario
-
1 loc adv Todos os días. Ex: A túa avoa vai a misa a diario.
-
2 loc adv Todos os días, agás domingos e festivos. Ex: Estes son os pratos para pór a diario.
-
De diario loc adx Que se usa todos os días, agás domingos e festivos. Ex: Aínda non che lavei os pantalóns de diario.