favorable

favorable

(< lat favorabĭle)

  1. adx

    Que favorece.

    Ex: A arbitraxe foi favorable ó equipo visitante. 

    Antónimos: desfavorable.
  2. adx

    Que está de acordo con algo ou alguén.

    Ex: Os alumnos mostráronse favorables ós cambios propostos polo claustro. 

    Antónimos: desfavorable.
  3. adx

    Que supón un avance ou mellora.

    Ex: Déronlle un diagnóstico favorable.

    Antónimos: desfavorable.

Palabras veciñas

favonio | favor | favor | favorable | favorecedor -ra | favorecemento | favorecer