AB0

AB0
[BIOL]

Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos creado por Landsteiner en 1901; posteriormente a sección de Hixiene da Sociedade de Nacións estableceu o seu uso internacional. Baséase na presenza ou ausencia de aglutinóxenos A e B nos eritrocitos e das aglutininas anti-A e anti-B no plasma sanguíneo. O sistema AB0 clasifica os individuos en catro grupos: A, B, AB e cero, se ben é certo que descubrimentos ulteriores permitiron distinguir, cando menos, seis: A1, A 2, B, A1 B, A2 B e cero. Landsteiner, ademais de descubrir estes aglutinóxenos e aglutininas e de establecer os grupos mencionados, constatou que cando un aglutinóxeno se pon en contacto coa aglutinina homóloga ten lugar unha aglutinación. Debido a este fenómeno biolóxico cómpre coñecer, como paso previo a unha transfusión de sangue, os grupos dos sistemas AB0 aos que pertencen o doador e o receptor, xa que polo xeral a aglutinación é mortal.

Palabras veciñas

Ab Urbe Condita | 2 ab(s)- | 1 ab- | AB0 | 1 aba | 2 aba | Aba