1 aba

1 aba

(

  1. s f [INDUM]
    1. Parte inferior ou pendente dalgunhas pezas do vestiario con voo.

      Ex: O vento levantoulle a aba da saia.

      Sinónimos: faldra.
    2. Prenda que se ata á cintura e que se coloca por riba doutra para cubrirse por diante.

      Ex: Meu pai recolleu na aba as cereixas do chan.

      Sinónimos: cinguideiro, mandil, mantelo.
    3. O que se recolle na parte inferior e dianteira dunha prenda de vestir que sae do van cando a levantamos cara a arriba.

      Ex: A mariscadora apañaou unha aba de croques na praia.

      Sinónimos: mandilada, regazada.
    4. Parte inferior do sombreiro que rodea a copa, sobresaíndo dela, e que se desprega a ambos os lados.

      Ex: As abas daquel vello sombreiro estaban algo reviradas.

  2. s f [CONSTR]

    Parte do tellado que sobresae e favorece o estancamento e posterior canalización da auga da chuvia.

    Ex: A chuvia baixaba pola aba do tellado.

    Sinónimos: beirado, beiral, beiril, cornixa, sobrepena, sopena, topete.
  3. s f [XEOG]

    Pendente ou declive que presenta un monte, un outeiro, unha montaña ou calquera outra unidade de relevo que amose elevación verbo da superficie a rentes do solo.

    Ex: As abas daquel monte estaban cubertas de piñeiros.

    Sinónimos: ladeira. Confrontacións: costa, faldra, vertente, costa.
  4. s f

    Parte lateral, suplementaria e despregable dunha mesa que permite aumentar a súa superficie.

    Ex: Temos que estender as abas da mesa porque somos moitos a comer e non cabemos nela.

Palabras veciñas

2 ab(s)- | 1 ab- | AB0 | 1 aba | 2 aba | Aba | ababa