1 aba
(
-
s
f
[INDUM]
-
Parte inferior ou pendente dalgunhas pezas do vestiario con voo.
Ex: O vento levantoulle a aba da saia.
Sinónimos: faldra. -
Prenda que se ata á cintura e que se coloca por riba doutra para cubrirse por diante.
Ex: Meu pai recolleu na aba as cereixas do chan.
Sinónimos: cinguideiro, mandil, mantelo. -
O que se recolle na parte inferior e dianteira dunha prenda de vestir que sae do van cando a levantamos cara a arriba.
Ex: A mariscadora apañaou unha aba de croques na praia.
Sinónimos: mandilada, regazada. -
Parte inferior do sombreiro que rodea a copa, sobresaíndo dela, e que se desprega a ambos os lados.
Ex: As abas daquel vello sombreiro estaban algo reviradas.
-
-
s
f
[CONSTR]
Parte do tellado que sobresae e favorece o estancamento e posterior canalización da auga da chuvia.
Ex: A chuvia baixaba pola aba do tellado.
Sinónimos: beirado, beiral, beiril, cornixa, sobrepena, sopena, topete. -
s
f
[XEOG]
Pendente ou declive que presenta un monte, un outeiro, unha montaña ou calquera outra unidade de relevo que amose elevación verbo da superficie a rentes do solo.
Ex: As abas daquel monte estaban cubertas de piñeiros.
Sinónimos: ladeira. Confrontacións: costa, faldra, vertente, costa. -
s
f
Parte lateral, suplementaria e despregable dunha mesa que permite aumentar a súa superficie.
Ex: Temos que estender as abas da mesa porque somos moitos a comer e non cabemos nela.