beiril

beiril

(< beira)

  1. s m

    Parte do tellado que sobresae da parede e que serve para que a chuvia non escorra por ela.

    Ex: O tellado da casa aínda non está rematado, na parte de atrás fáltalle acabar de retellar o beiril.

    Sinónimos: beirado, topete.
  2. s m

    Parte sobresaínte dun lugar ou obxecto, especialmente dunha vasilla, bacía ou elemento semellante.

    Ex: Rompeu un anaco do beiril da bandexa cando caeu do alzadeiro.

    Sinónimos: beira, beirado, bordo, beira, bordo. Confrontacións: marxe, orela.
  3. s m

    Telladiño que teñen algunhas fiestras para protexelas da chuvia.

    Ex: Os beirís das xanelas estaban cheos da neve que caeu.

  4. s m [ETN]

    Depósito de auga ou regato situado a carón dun pozo para uso cotián.

  5. s m [ETN]

    Lumieira do forno.

  6. s m

    Fita de coiro cravada arredor do zoco.

  7. s m

    Marco dunha porta ou dunha xanela.

  8. s m

    Obra de fortificación interior e exterior situada diante de puntos estratéxicos (murallas, portas, pontes, prazas, vales, etc) para obrigar á escisión e á graduación das ofensivas inimigas.

Formas incorrectas

voladizo