abismo
(
-
s
m
Cavidade profunda na terra.
Ex: No fondo do abismo había un pedregal.
Confrontacións: precipicio. -
s
m
Situación que ocasiona un gran sufrimento.
Ex: A morte do seu pai produciulle un abismo de dor.
Sinónimos: inferno. -
s
m
[HERÁLD]
Termo de heráldica, procedente da expresión francesa mise en abîme ou abyme, que designa o centro ou corazón do escudo que reproduce, en escala reducida, os contornos do propio escudo.
-
s
m
Gran oposición.
Ex: Hai un abismo entre as miñas opinións e as túas.
-
construción en abismo
[LIT]
Designa a disposición da acción pola que se inclúe unha ou máis historias dentro da que actúa como marco, a xeito das matrioskhas rusas ou caixas chinesas. As historias reduplicadas no interior do relato marco reproducen este último como imaxe idéntica, invertida ou desmultiplicadora. Un exemplo deste recurso con encaixamento de actos narrativos aparece en Terra Brava (1955) de Ánxel Fole .