abismal

abismal

(< abismo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao abismo.

    Ex: Hai unhas profundidades abismais en todo o territorio.

    Confrontacións: abisal.
  2. adx

    Que presenta unhas características de profundidade impresionantes e imposibles de medir.

    Ex: Hai unha diferenza abismal entre as dúas ofertas de traballo.

    Confrontacións: insondable.