aborrecer
(
-
v t
Experimentar aversión, repugnancia por algo ou alguén.
Ex: Aborrece o lacón con grelos. Non quere saber nada del, aborréceo.
Sinónimos: anoxar, detestar, estoxar, odiar. Antónimos: gustar. -
v t e i
Causar desagrado ou aversión algo ou alguén.
Ex: Aborrécenme os días de moita calor. Aborrece da falta de sentimento.
Sinónimos: aburrir, anoxar, enfastiar, estoxar. -
v pron
Sentir fastío ou aburrimento por algo.
Ex: Aborreceuse das saídas nocturnas.
-
v t e pron
Perder a paciencia ou o control sobre si mesmo.
Ex: Aborréceme ese aire de superioridade que teñen algunhas persoas. Aguantou estoicamente os berros do seu amigo, pero finalmente aborreceuse e respostoulle.
-
v pron
Infectarse unha ferida, gran ou tumor.
Ex: Aborrecéuseme a ferida que fixen co coitelo.
Sinónimos: coller. -
v t
[ZOOL]
Abandonar as aves adultas os niños con ovos ou crías ao decatarse de que lle remexeron nel.
Ex: A merla aborreceu o niño despois de que os cativos lle andiveran nel.
Sinónimos: anoxar, asañar, desaniñar, enxeitar.
Palabras veciñas
aborrear | aborrecedor -ra | aborrecemento | aborrecer | aborrecible | aborrecido -da | aborroeirarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrezo
aborreces
aborrece
aborrecemos
aborrecedes
aborrecen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecía
aborrecías
aborrecía
aborreciamos
aborreciades
aborrecían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecín
aborreciches
aborreceu
aborrecemos
aborrecestes
aborreceron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecera
aborreceras
aborrecera
aborreceramos
aborrecerades
aborreceran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecerei
aborrecerás
aborrecerá
aborreceremos
aborreceredes
aborrecerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecería
aborrecerías
aborrecería
aborreceriamos
aborreceriades
aborrecerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborreza
aborrezas
aborreza
aborrezamos
aborrezades
aborrezan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecese
aborreceses
aborrecese
aborrecesemos
aborrecesedes
aborrecesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecer
aborreceres
aborrecer
aborrecermos
aborrecerdes
aborreceren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
aborrece
-
-
aborrecede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aborrecer
aborreceres
aborrecer
aborrecermos
aborrecerdes
aborreceren
aborrecida
aborrecidos
aborrecidas