Acción Obrera

Acción Obrera
[PUBLIC]

Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, aparecido en Pontevedra en xullo de 1918. Exerceu de voceiro do “Centro Obrero” da cidade, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Deste xeito, malia estar influído polo ideario socialista, mantivo certa distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE.