Acuña e Malvar, Pedro

Acuña e Malvar, Pedro

Sacerdote. Fixo carreira eclesiástica dentro do Cabido de Santiago grazas aos favores do seu tío, o Arcebispo Sebastián Malvar. A súa amizade primeiro con Pedro de Floridablanca e despois co conde de Aranda permitiralle introducirse e acadar diversos cargos e beneficios na Corte de Madrid. Entre 1792 e 1794 exerceu como Secretario de Estado e Secretario de Despacho de Gracia e Xustiza. Trala caída de Godoy ten que exiliarse algún tempo en Francia. Despois do seu regreso a Galicia é detido e encarcerado no castelo de Santo Antón (A Coruña) acusado de organizar un levantamento contra as Cortes e como sospeitoso de actividades contra a Xunta do Reino de Galicia. Desde a cadea escribiu, sendo publicada máis tarde, Copia de las respuestas y contestaciones que han dado los fiscales de S.M. en la Real Audiencia de Galicia, sobre la causa formada por el Real Acuerdo, al Excmo. Sr. D. Pedro Acuña y otras personas eclesiásticas y seculares del mismo Reino.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salcedo

  • Deceso

    Lugar : Madrid