Adena
Adena
s
f
[PREHIST]
Primeira fase da tradición cultural dos bosques orientais de Norteamérica (Woodland), datada entre 1000 e 100 a C no val do Ohio. Sucede ao período Arcaico logo dunha transición marcada pola aparición da agricultura (cabaza e xirasol). A súa característica máis salientable é a construción de grandes túmulos de terra, en ocasións funerarios, que posiblemente funcionaron como marcadores territoriais de grupos de parentesco. A súa organización social, que artellaba extensas redes xeográficas como demostra o intercambio de obxectos de prestixio, remanecía moi igualitaria.