Adén, colonia de
Adén, colonia de
Antiga colonia británica, creada no 1937, que comprendía a cidade de Adén, o territorio denominado Pequeno Adén, dúas penínsulas arredor da cidade e as illas de Perim, Kamiram e Kuria Muria. Acadou a autonomía no ano 1955 e en 1963 entrou a formar parte da Federación de Arabia do Sur. Esta colonia, xunto co protectorado de Adén, independizouse no ano 1967 co nome de República Popular do Iemen do Sur.