adipato
adipato
s
m
[QUÍM]
Calquera sal ou éster de ácido adípico. O único sal tecnicamente importante é o adipato de hexametilendiamina (sal de nailon), materia prima empregada para a fabricación de nailon 66. Os ésteres utilizados industrialmente son, en cambio, moi numerosos, e a súa principal aplicación é a plastificación das resinas sintéticas e de derivados celulósicos.