adípico -ca

adípico -ca

(< lat adipe + -ico)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ás substancias graxas.

  2. ácido adípico [QUÍM]

    Sólido cristalino, de cor branca, que se prepara industrialmente oxidando en fase líquida a mestura de ciclohexanol e ciclohexanona proveniente da oxidación do ciclohexano. O seu principal emprego inclúese no proceso de fabricación do nailon 66. Outras aplicacións son a fabricación de poliésteres ou ben de adipatos. A súa total inocuidade fai que tamén se utilice como aditivo alimentario.

Palabras veciñas

Adiós María | adip(o)- | adipato | adípico -ca | adipocera | adipocito | adiponitrilo