africantropo
africantropo
Nome científico:
[Africanthropusnjaranensis, Fam dos homínidos]
s
m
[PALEONT]
Designación empregada para referirse á especie fósil descrita en 1935 por Kohl-Larsen a partir de tres cranios atopados preto do lago Eiasi (Tanzania). As súas características anatómicas son arcos supraorbitais macizos e bóveda cranial aplanada. Na actualidade inclúense, xunto cos cranios de Ndutu e Bodo, entre os denominados Homo sapiens arcaicos precoces, grupo que, malia conservar trazos anatómicos de Homo erectus, posúe características típicas de Homo sapiens. As últimas datacións dos restos de Eiasi indican unha idade de máis de 200.000 anos. Polas anteditas razóns, o taxon xa non está recoñecido pola comunidade científica.