afundir

afundir

(< lat affundĕre

  1. v t

    Facer que algo ou alguén vaia ao fondo.

    Ex: Afundimos a pedra na auga para variar o sentido do rego.

    Sinónimos: fundir.
  2. v t

    Botar unha embarcación ao fondo do mar.

    Ex: Ese submarino alemán afundiu tres barcos na Segunda Guerra Mundial.

    Sinónimos: fundir.
  3. v pron

    Irse, xeralmente un barco ou semellante, ao fondo do mar.

    Ex: Afundiuse un pesqueiro galego nas augas irlandesas.

  4. v t

    Introducir algún obxecto punzante no fondo, xeralmente cravándoo.

    Ex: Bruto afundiu o coitelo no peito de César.

    Confrontacións: chantar, espetar.
  5. v pron

    Cravarse no interior dun corpo ou obxecto.

    Ex: Afundíuseme unha acha nun dedo e dóeme moito.

    Confrontacións: chantar, espetar.
  6. v pron

    Derrubarse unha construción por mor dun movemento de terras, pola mala calidade da construción, etc.

    Ex: Afundíronse os cimentos da nova ponte.

  7. v t e pron

    Sumir(se) nunha situación depresiva por mor dunha situación desgraciada ou dun problema psicolóxico.

    Ex: A resolución do xuíz afundiu a súa familia nunha longo túnel sen saída. Afundiuse completamente trala morte do seu pai.

Palabras veciñas

2 afumar | afuñar | afundimento | afundir | afungadoiro | afungal | afungar
Conxugar
VERBO afundir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundo
afundes
afunde
afundimos
afundides
afunden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundía
afundías
afundía
afundiamos
afundiades
afundían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundín
afundiches
afundiu
afundimos
afundistes
afundiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundira
afundiras
afundira
afundiramos
afundirades
afundiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundirei
afundirás
afundirá
afundiremos
afundiredes
afundirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundiría
afundirías
afundiría
afundiriamos
afundiriades
afundirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afunda
afundas
afunda
afundamos
afundades
afundan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundise
afundises
afundise
afundisemos
afundisedes
afundisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundir
afundires
afundir
afundirmos
afundirdes
afundiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afunde
-
-
afundide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afundir
afundires
afundir
afundirmos
afundirdes
afundiren
Xerundio afundindo
Participio afundido
afundida
afundidos
afundidas